Sanxenxo e as vivendas para médicos a coste cero no verán

A Asociación  Galega para a Defensa dá Sanidade Pública non lle merca o discurso á Xunta nin ao Concello de Sanxenxo

Coas vivendas a coste cero para os médicos non se resolve o verdadeiro problema…Solicitan condicións laborais dignas e estables

O Concello de Sanxenxo, vén de  firmar un convenio piloto entre o alcalde Temo Martín, o xerente do Sergas, José Flores e o responsable da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez. O documento  baixo a denominación de incentivo á contratación de médicos/as de atención primaria, resolvelles un asunto principal nesta localidade, xa que o incremento de habitantes é salientable nunha temporada estival que está a punto de comenzar.

Esta decisión de reforzo de servizo de atención primaria firmouse hai uns días (25 de maio) e foi apoiada pola Xunta. A partida económica de 32.000 euros  para implementar o acordo, axusta catro vivendas para os profesionais da medicina para que atendan aos centros de saúde do Concello na temporada estival.

Con todo, esta decisión política, novidosa en Galicia, xa hai tempo aconteceu en Ibiza. Alí habilitaron camas de hospitais, e salas en desuso dos centros, para aloxar aos profesionais da atención médica encargados de coidar a saúde dos habitantes e turistas. O acordo de Sanxenxo está a ser comentado en algún que outro sector social, e a Asociación  Galega para a Defensa dá  Sanidade Pública mostra a súa preocupación e reclama dignidade para súa formación e condicións axeitadas para o colectivo. Esta Asociación de profesionais sanitarios expresa así o seu desacordo, indicando a necesidade de menos plans de marketing ou populismos a costa da profesión médica:

Nota da Asociación  Galega para a Defensa dá  Sanidade Pública

«Para facer fronte á falta de persoal facultativo nos Centros de saúde e Puntos de Atención Continuada, o alcalde de Sanxenxo decidiu proporcionar unha vivenda provisional a quen queira traballar nese municipio. Posteriormente a Xunta de Galicia, a través dos seus representantes políticos,   parece apoiar semellante medida.

Ante este  dilate desde a Asociación  Galega para a Defensa dá  Sanidade Pública queremos denunciar que:

1.- A falta de persoal facultativo en Atención Primaria non esta relacionado coa falta de vivenda,  senón cunhas condicións de traballo indignas caracterizadas pola inestabilidade e a precariedade laboral, que obriga a emigrar fóra de Galicia a boa parte do persoal recentemente licenciado.

2.- Esta medida atenta contra á dignidade profesional do persoal sanitario, unha manobra de márketing cutre e un retorno aos anos nos que concello proporcionaban vivendas  ao persoal  medico de Asistencia Pública Domiciliaria ( APD)  para compensar uns salarios de miseria.

3.- A poboación debe saber que a solución non pasa por recorrer á privatización: a oferta de seguros privados con a 15 euros non garanten a cobertura da demanda (serian necesarios 600 euros) e as condicións laborais do persoal que traballa nas  aseguradoras é dunha gran explotación con salarios de miseria (15-30 euros por consulta de medicina xeral ou 30-50 da  especializada) obrígalles a  masificar as axendas e a prestar unha atención de baixa calidade.

4.- A solución á falta de persoal de Atención Primaria non pasa por adoptar medidas populistas que o fidelicen aos concellos que lles dean aloxamento,  senón por un cambio na política de persoal sanitario que proporcione unha condicións laborais dignas e estables.»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.