As propostas artísticas presentes nas rutas xacobeas

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, eRúas magazine. Río Sar2 Turismo de Galicia puxeron en marcha a cuarta edición do programa de espectáculos ‘Cultura no Camiño’, que discorrerá entre o 15 de abril e o 30 de setembro en concellos das distintas rutas xacobeas.

O obxectivo de ‘Cultura no Camiño’ é a colaboración coa actividade cultural dos municipios polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, respondendo así á demanda dun público diverso que poderá gozar de concertos e de montaxes de teatro, danza, novo circo, maxia e narración oral, ao tempo que se contribúe á dinamización da contratación dos espectáculos producidos en Galicia.

Deste xeito, a partir de hoxe e ata o 14 de febreiro permanecerá aberta a convocatoria para as empresas con sede en Galicia e dedicadas profesionalmente ás artes escénicas e musicais que estean interesadas en participar na nova entrega deste ciclo. O trámite debe realizarse a través da web www.galescena.info, onde cómpre rexistrar os espectáculos propostos. Con todos os títulos, a Agadic conformará un catálogo online de ofertas que se lles trasladará aos programadores culturais municipais para que seleccionen as súas preferencias e compoñan os seus calendarios.

Financiamento compartidoPantallazo-2

Para os concellos, que están obrigados a asumir un mínimo de dúas actuacións e a presenza cando menos de dúas disciplinas artísticas diferentes, o prazo de inscrición comezará mañá día 29 e rematará tamén o próximo 14 de febreiro. O financiamento das actuacións realízase de xeito compartido entre a Xunta de Galicia e as administracións locais inscritas, en diferentes porcentaxes de acordo co número de habitantes de cada localidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.