Antonio Durán «Morris» ten no seu haber unha longa lista de títulos no escenario e nas diferentes pantallas (cine e televisión), con unhas interpretacións talentosas que non deixan a ninguén indiferente. A súa honestidade gaña a estima e dá prestixio ao audiovisual galego
No seu discurso mencionou ao actor José Manuel Olveira «Pico» compañeiro finado no ano 2013
Nun auditorio cheo de xentes amantes do cine, tivo lugar a entrega do Premio Cineuropa 32 a un prolífico Antonio Durán «Morris».
O actor galego na recollida do galardón fixo un percorrido pola sua vida profesional. Unha traxectoria que vai pararela a do audiovisual gallego e o despertar da mesma na terra. No seu discurso invitaba á reflexión e o sentido crítico de como valoramos aos profesionais en Galicia: «a veces, teñen que ter éxito fóra para ser apreciados dentro». Ao tempo, indicaba que había que estar ledos da nosa produción audiovisual, pero tamén atentos co que se está a facer dentro dos entes públicos, coma o Centro Dramático Galego. Isto sucedía cando dicía: «Cando antes, o Centro Dramático Galego facía producións máis importantes con moita xente enriba do escenario».
Antonio Durán empezou traballando no teatro, e a súa historia profesional terá que figurar na historia da memoria xunto cos intérpretes que marcaron unha época nas táboas e no audiovisual. Daquela todo estaba por facer para emprender, guiar e marcar o camiño dunha profesión, e ao tempo, dotala de exigencia e dignidade.
Morris ten no seu haber actuacións memorables no escenario teatral e unha longa lista de títulos nas diferentes pantallas (cine, televisión). Unhas actuacións que coinciden cunhas interpretacións talentosas que non deixa a ninguén indiferente. A súa honestidade gaña a estima e dá prestixio ao audiovisual galego. E todo isto, nun libro que aínda ten moitos capítulos por escribir, pois onte mesmo anunciou un novo proxecto para o vindeiro ano.
Deste xeito, a recollida deste galardón marcou o peche do ciclo de proxeción cinematográfica que manten a moitos composteláns pendiente cada ano cando chega o mes de novembro. Unha aposta para ver filmes en versións orixinais e fóra dos circuitos comerciais.