CASTELAO RETRATADO POR EL FOTOGRAFO CARTAGENA EN MADRID CALCULADO 1910 COLECCION PAZ ANDRADE

‘Antes de nós’, o filme sobre Castelao, chegará ás salas de cine o 23 de maio

Dirixido por Ángeles Huerta e protagonizado por Xoán Fórneas, o filme narra etapas pouco coñecidas da vida de Castelao, como a gripe de 1918 que o obrigou a volver exercer como médico ou a súa viaxe a Bretaña no ano 29, dous puntos de inflexión na súa vida

Neste «ano Castelao» no que se celebra o seu 75º cabodano, ‘Antes de nós’ chegará aos cines o próximo 23 de maio. Antes poderá verse no Festival de Cans na tarde do xoves 22 nunha proxección na que estará presente gran parte do equipo

Antes de nós, o filme sobre Castelao con guión de Pepe Coira, producción de Zaza Ceballos e dirixido pola cineasta Ángeles Huerta estrea hoxe o seu cartel e anuncia a súa data de estrea: o 23 de maio. O día previo, o xoves 22 de maio poderá dentro da programación do Festival de Cans nun pase especial no que estará presente parte do equipo.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi unha das figuras máis importantes da cultura galega. Estudou medicina e, aínda que non exercía, nas súas propias verbas, «por amor á humanidade», pasou á historia como escritor, pintor, debuxante e político. Protagonizada por Xoán Fórneas no papel de Castelao e con Cris Iglesias como Virxinia Pereira, Antes de nós é unha longametraxe que nos deixa ver varios momentos de crecemento de Castelao, como artista mais tamén como persoa: coa súa dor, amor, esperanzas e contradicións. Un afastamento do mito para explorar a súa verdadeira esencia. O descubrimento do Castelao máis íntimo. 

About The Author

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *