(Eliana Martíns) O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través da Sección de Psicoloxía Xurídica, organiza este sábado 13 de febreiro un obradoiro no que se tratará a avaliación pericial e a valoración da perigosidade no ámbito xurisdicional penal. O lugar da formación será a Facultade de Psicoloxía da Universidade compostelá e nela participarán unha trintena de psicólogos e psicólogas, tanto profesionais como estudantes.
Esta formación especializada pretende difundir entre os e as profesionais do sector cales son as bases legais para a elaboración de informes periciais na xurisdición penal e as técnicas de avaliación forense existentes, así como as implicacións a nivel deontolóxico que teñen na práctica diaria as devanditas avaliacións. A metodoloxía do obradoiro será teórico-práctica e procurarase a participación das persoas asistentes, onde se proporá unha análise dun caso práctico, centrado nunha agresión sexual.
Participará na xuntanza, a docente é Rocío Gómez Hermoso, licenciada en Psicoloxía e Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e doutora por esta mesma universidade. Na actualidade é psicóloga forense no Xulgado de Vixilancia Penitenciaria de Madrid e no grupo de persoas persoas expertas do Tribunal Internacional da Haia. Ten actuado como psicóloga de xulgado adscrita ao xulgado de familia de Cáceres e ao de menores en Segovia. A súa traxectoria profesional está vinculada a diferentes asociacións profesionais de ámbitos da psicoloxía forense: é secretaria do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid, vogal da Asociación de Psicólogos Forenses da Administración de Xustiza e membro da División de Psicoloxía Xurídica (PsiJur) do Consejo General de la Psicología.
About The Author
También te puede interesar
-
Concentración de solidaridade coas familias das vitimas de violencia de xenero
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O espíritu universal que viveu na Casa da Tumbona
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA