O xornalista afgán Mohammad Ali Pakdel, refuxiado en Galicia, mantivo esta mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o encontro «Informar en Afganistán: A ameaza dos talibáns» coas futuras xeracións de xornalistas de Galicia. Ali Pakdel achegoulles a realidade dun país que leva en guerra «practicamente corenta anos» e no que o xornalismo continúa a ser unha profesión de risco. O comunicador animou ao estudantado a «comunicar o que está a acontecer no mundo e non só o que os medios queren mostrar».
Seguir lendo