Alberte Pagán recolleu onte no Teatro Principal, o premio desta edición dos Cineuropa35. Un acto que contou con gran audiencia de público. Despois o ciclo continuou coa película que se propoñía na programación: «Mala sorte no sexo ou porno tolo».
O Auditorio en Compostela tamén onte foi escenario para a Real Filharmonía de Galicia con motivo da programación de Cineuropa baixo o título, O Peregrino. A actuación encheu as butacas da sala Ángel Brage.
A orquestra puxo en directo a banda sonora ao filme “O peregrino” de Charles Chaplin. Soou a partitura restaurada polo mestre Timothy Brock, que foi ademais o encargado de dirixir o concerto. Brock é experto en música de cinema mudo e considerado unha autoridade nas partituras de Chaplin.