A xestión de queixas da valedora do pobo provoca malestar entre os colectivos civís

Diferentes organizacións políticas, sanitarias, sindicais e outros colectivos sociais galegos, ademáis dunha persoa a título persoal, solicitaron o recusamento inmediato da valedora do pobo.

Imaxen:Cesar Requian. A Voz de Galicia
Imaxen:Cesar Requian. A Voz de Galicia

Convocados o luns pasado pola Plataforma SOS Sanidade Pública, ofreceuse unha rolda de prensa en conxunto na que mostraron o motivo do descontento e solicitaron o recusamento inmediato da valedora, deste modo, urxen ao goberno da Xunta de Galicia na procura de mediar no problema coa titular Milagros Otero. As declaracións dos convocantes se fundamentaban no proceder da valedora do pobo frente ás queixas formuladas por estas organizacións sociais dende que rexenta o posto.

En representación dos diabéticos e dos doentes de enfermedades mentales interveu María Xosé Abuin Álvarez, quen manifestou estar en desacordo coa valedora: “A súa, debe ser a función de defensa dos dereitos do pobo e non cumple con esa función. Está a confundir o seu papel defendendo o PP”

Indica Abuin, que nas residencias se incluen enfermos sen ser avaliados da saúde mental, aínda que estes centros non reunan as condicións necesarias para este fin, como é o caso da residencia de Mondoñedo. Por outra banda, a portavoz tamén aclarou que se lle fixo chegar á valedora as queixas en canto á mala compra do material sanitario. Un servizo que nestes intres esta a ser xestionado por unha empresa privada. Este material sufre deficiencias importantes (agullas de mala calidade polo que a insulina non se administra dun xeito adecuado). Con todo, engadeu a portavoz: “esta empresa consiguiu renovar o contrato coa administración desaproveitando a oportunidade de mellorar a calidade dos doentes”.

Mache Rey, Asociación de usuarios de oncoloxía do CHUS, quéixase da deferenza da que son susceptibles os enfermos; dependendo do lugar onde vivan se lles suministran os tratamentos médicos. Non hai un patrón parello en toda a xeografía frente un mesmo diagnóstico. Mesmamente non é igual se resides en Cangas (PO) ou en A Coruña. Asegura Mache Rey que a valedora non acerta a dar outra resposta que non sexa a xa aportada pola Consellería de Sanidade, como un corta e pega. A representante desta asociación sinala: “Os oncolóxicos solicitan que isto remate, e que non se tarde tanto no proceso”

Quique Costas da Plataforma Galega de afectados pola Hepatite C, entende ca inoperancia da valedora do pobo, produce unha espera estéril no proceso de resolución mediante convenios que non arranxan os problemas. Trátase de alongamento no tempo para que todo quede do mesmo xeito. Asemade, Quique Costas afirma que na insistencia pola impotencia das circunstancias levou a Plataforma a enviarlle un comunicado de hostilidade a propia valedora do pobo.

Outro tema, a falta de prazas de residencia para persoas maiores, tamén tivo lugar nesas queixas á valedora do pobo e das que se fixo eco unha muller a título persoal presente na rolda de prensa, a cal manifestou: “As listas de espera para entrar nestes centros é demasiado longa e, ata certo punto, están ocultas”.

A concelleira de Compostela Aberta, Concha Fenández, sinalou a falta de achega coa valedora frente á imposibilidade para amañar a situación e abordar un programa integral para os máis desfavorecidos. Para crear un plan de atención como o de Madrid, Barcelona ou algunha outra cidade, segundo as súas verbas, e explicou: “En Galicia non temos programas básicos sociais de atención integral ás persoas nunha posición de vulnerabilidade”

Brais de Médicos do Mundo, representando a Rede Galega en Defensa da Sanidade Pública, indicou que a actitude belixerante da valedora do pobo coa queixa do seu colectivo (admitida en 2016) en canto á desprotección da que son vítimas os emigrantes no eido sanitario é demoledora. Xentes que non poden, nen seguera, ter a posibilidade de acollerse ao recoñecido programa de emerxencia da Xunta. Nesta descriminación e falta de humanidade non se ten en conta a urxencia de nenos nin de embarazadas.

Outros artigos: SOS Sanidade Pública de Compostela solicita o recusamento da valedora do pobo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.