Co programa Roteiro da Memoria, iniciativa da Plataforma de Galeras, e da man do profesor da USC, Antonio Míguez Macho, coñecimos o emplazamento da antiga prisión franquista de Santa Isabel e a súa historia, ademais dunha pequena andaina por lugares únicos que non todos coñecen, pero que tamén son Compostela
FOTO. Mariel Norat. Saída ao Roteiro da Memoria. Organizado pola Plataforma de Galeras
Da parada do autobús de Galeras saímos ás 6 da tarde un grupo de persoas cara a descubrir, nalgún caso, (entre nós estaba Encarna Otero) a historia da cidade e recunchos sorprendentes agochados, a veces na memoria. Antes de partir tivo lugar a lectura dun poema de Marisol Pite adicada ás herbas que leu Ana Alonso. E Encarna Otero respondeu á utilización da auga feitieira. Preme para ver o vídeo
O roteiro da memoria co profesor da USC, Manuel Míguez Macho, que explicou a historia da Prisión de Santa Isabel e emplazou a súa ubicación 1º Vídeo /
Unha saída para visitar e recoller herbas cun sol de xustiza co que este sábado 23 quiso premiarnos a metereoloxía, e unha Encarna Otero en plena forma que levaba a dianteira e que nos ilustraba na recollida das herbas de San Xoán. Encarna é fiel á tradición que lle enseñou a súa nai e por iso coñece con detalle a recollida e o rito desta data.
Unha visita guiada e roteiro que me deixa boa lembranza, e que, de seguro espero repetir o vindeiro ano. Algúns pódense preguntar, pero que é a noite de San Xoán? a resposta podería ser: o nacemento de San Juan Bautista no cristianismo, pero tamén podemos dicir que é o solsticio do verán; con días longos e noites máis curtas. A celebración deste acontecemento faise con ritos paganos de tradición ancestral. Unha noite máxica que conta cos elementos para purificar: «o lume, a auga, terra…» saltar cacharelas, aguas feiticeiras con prantas,(que pode representar a terra) que se deixan ao relente da noite de San Xoán, no exterior, para a continuación, pola maña, lavar a cara, segundo marca a tradición… Grazas á Plataforma de Galeras que nos acolleron no grupo; a unha amiga e máis a min, neste paseo marabilloso.
Chove, vai frío, pero elas e eles están acampados na Rúa do Vilar para tentar facer pensar aos que teñen o poder da decisión. A ONG Médicos Sin Fronteras pon…
La votación y fallo del Tribunal Supremo acerca de la demanda colectiva presentada por ADICAE contra la banca por las cláusulas suelo Desde las 10.30 horas de este Jueves, 26…
Me he permitido robarle el título a una canción del mítico grupo de los años 80, Los secretos, para hablar de algo que hace tiempo ronda por mi pensamiento: los…