A situación da Atención Primaria en Galicia: desmantelamento e recortes

O Vindeiro domingo, 14 de novembro, hai convocada unha manifestación na Alameda de Santiago de Compostela, ás 12 da mañá, en contra dos recortes e do desmantelamento da Atención Primaria (AP)

A Plataforma SOS Galicia organiza este acto para chamar á cidanía a reclamar un Sistema Sanitario Público en circunstancia de atender con dignidade ás persoas e de defender unha profesión de ciencia que dende hai un tempo atópase sometida polas decisións políticas segundo o expón nun escrito, Xosé Mª Dios, voceiro da Plataforma SOS Galicia, e que ten remitido a esta revista. Nel argumenta a razón desta chamada polo deterioro que vive o Sistema Sanitario Público en Galicia; sen dotación, sen persoal e cun orzamento para o novo ano 2022 inferior ao do ano 2009.

O portavoz da Plataforma SOS, Xosé Mª Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes, indica que: «Retiráronse as Xerencias de AP. Elimináronse Áreas Sanitarias. Desapareceu a Participación Cidadá ca non posta en marcha dos Consellos de Saúde de Área e o Consello de Saúde de Galiza. Néganse a incorporar plantilla de profesionais para garantir unha Atención Primaria integral: en Psicoloxía Clínica, Terapeutas Ocupacionais, Fisioterapeutas, etc.Xosé María sinala que: » Non vale prometer centros de saude en campañas electorais se logo non hai persoal para atendelo.» E que o goberno do PP xestiona a sanidade a golpe de titulares de prensa e co de “imos facer”… Manifesta que o que está a pasar e que «Afrontan a xubilación de medicas e medicos con contratacións en precario, pero non hai sustitutos para esas prazas que quedan baleiras»

Indica ademais que: «Estes doce anos de desmantelamento só nos leva á deriva, á mortaldade por afeccións que poderían ser evitados de ter un Sistema Sanitario Público ben dotado. Xosé María fai unha chamada ao goberno de Feijóo para que escoite e atenda as conclusións do Consello Técnico de Atención Primaria.

O portavoz de SOS Galicia engade; que os profesionais non poden a seguir atendendo consultas masificadas de 40-50 persoas diarias, con colas na rúa para acceder aos Centros de Saúde, ter que realizar múltiples chamadas telefónicas para conectarse co Centro, listas de agarda de días ou semáns, incompatibles coa Atención Primaria. Isto é algo que queima e non permite unha calidade asistencial axeitada; e que en moitos casos acaban colapsando os PACs e as urxencias hospitalarias favorecendo a privatización.

Escrito de: Xosé Mª Dios.novembro 21-2

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.