A serie “Faro” dinamita os salarios dos profesionais audiovisuais

A Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego constituida polas diferentes asociacións galegas de actores e actrices (AAAG), guionistas (AGAG), técnicos (ATEGA), directores e realizadores (CREA) puxeron onte de manifesto nunha rolda de prensa en Santiago de Compostela o seu malestar e desacordo có sistema de contratación que se está a levar a cabo para a nova serie de televisión “Faro”, serie que empezaría a gravarse na nosa comunidade dentro dun mes aproximadamente. A Coordinadora denuncia o incumprimento de todos os convenios profesionais consensuados ata o momento no sector audiovisual cunha baixada de salarios sin precedentes. A produción orixe do conflito conta cun finanzamento público do 50% e será executada pola unión de catro produtoras (Agallas Films, Cinemar, Zenit TV e Portico). A maior impulsora do proxecto é a TVG.

Jorge Coira, Antonio Durán"Morris", Alberto Díaz, Carlos Ares
De dereita a esquerda: Jorge Coira, Antonio Durán»Morris», Alberto Díaz, Carlos Ares

A Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego rexeita a política de prezos establecida de xeito unilateral por parte da asociación de produtoras da serie “Faro” xa que perxudican ó gremio, e reivindican así os seus dereitos como profesionais. Piden que non se aproveite a difícil situación económica para rachar coa estratexia cultural de calidade deste sector que tivo unha consideración dentro e fóra de Galicia, e que, cunha proposta como a da nova serie, daríase definitivamente ó traste co sector audiovisual en Galicia

Os representantes manifestaron que :“A situación ten un agravante a maiores para a denuncia, pois estamos a falar de finanzamento público”. Un motivo máis que sobrado, según os portavoces, para garantir o respeto aos dereitos dos traballadores nos convenios salariais do sector. Ademais de acreditar un traballo de calidade que garde a esencia cultural como fundamento dunha televisión autonómica. Manifestábase ó respecto Carlos Ares, Asociación de Guionistas de Galicia(AGAG): “ E nós non temos claro que se vaian a cumprir

Denuncian así, as liñas de actuación para a producción da serie e reclaman unha política seria para uns traballadores que ven como se ataca a súa profesión con propostas deste tipo. Unha profesión, que por outra banda, sempre sufreu dos rigores da inestabilidade laboral.

Antonio Durán “Morris”, Asociación de Actores e Actrices de Galicia: “Que se ofreza cinco meses ó ano de traballo non significa esta baixada de prezos” “ Esta situación recordame moito ó problema da dobraxe fai anos en Galicia, unha batalla da que nunca máis se recompuxo o colectivo”

Jorge Coira, Asociación de Directores e Realizadores (CREA): “O noso valor é a nosa imaxe”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.