Chove, e moito en Compostela, aínda que seña xuño. As cafeterías ateigadas no casco antigo da cidade seguen ca rutina da vida diaria; e case, que dende o meu balcón acado ver a imaxe do acto reivindicativo co balbordo natural ao que tamén se suma un tambor persistente que chamaba con forza para que todos os viandantes e xentes das inmediacións puxeran atención á manifestación dun grupo de traballadores da seguridade privada. Decían que estábanse a revolver por unha nova volta de tuerca no convenio que se estaba a firmar. E engadían que a consecuencia desa acción conleva unha nova perda dos seus dereitos laborais.
