- Serán un total de 44 funcións de teatro, monicreques, música e danza dirixidas ao alumnado desde Educación Infantil ata Bacharelato e que se celebrarán no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal
- O programa, totalmente de balde e que se estende durante todo o curso, enviouse xa aos centros de ensino para que poidan ir organizándose e o prazo para inscribirse será no mes de setembro
Compostela Cultura, o departamento cultural do Concello de Santiago, enviou aos centros de ensino a súa proposta de programa didáctico para o curso 2022-2023. Serán un total de 44 funcións de 15 espectáculos diferentes de teatro, monicreques, música e danza, que se celebrarán no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal desde outubro do 2022 ata marzo do 2023. As actividades, totalmente de balde, diríxense ao alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato para os centros de ensino de todo o país. O 20 de setembro é o día no que terán que enviar as solicitudes os centros de ensino de Compostela e o día seguinte, o 21, os do resto de Galicia.
About The Author
También te puede interesar
-
‘Antes de nós’, o filme sobre Castelao, chegará ás salas de cine o 23 de maio
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O espíritu universal que viveu na Casa da Tumbona
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA