Os documentais ‘A poeta analfabeta’ e ‘Welcome to ma maison’ proxectaranse este venres 11 na III Semana do Cinema Galego
A terceira edición da Semana do Cinema Galego, a gran mostra da sétima arte do país e unha das grandes citas audiovisuais da tempada, chega ao seu ecuador coa proxección das películas documentais ‘A poeta analfabeta’ e ‘Welcome to ma maison’.
O primeiro dos filmes de non ficción que se verá este venres no Teatro Colón é ‘A poeta analfabeta’, a peza producida por Cósmica Producións e dirixida por Sonia Méndez que se achega á figura da poeta Luz Fandiño. O relato fíase a historia de vida, a súa loita política e a súa obra poética, mais tamén todo o que rodea e conforma o seu legado. No encontro co público previo á proxección, que comezará ás 20.00 horas, participarán Sonia Méndez, Nati Juncal (produtora executiva) e Lucía Catoira (directora de fotografía).
De seguido, na sesión das 22.00 horas, terá lugar a proxección de ‘Welcome to ma maison’, o último traballo do director Andrés Goteira (‘Dhogs’) e que produce Gaitafilmes en coprodución con Mordisco Films. Trátase dun documental experimental rodado a modo de making of e que acadou o Premio do Público á distribución na última edición do Festival Internacional de Cine de Xixón. Na presentación participarán o seu director, ademais dos produtores, Suso López e Laura Doval, e o axudante de dirección, Nacho Ozores.
‘A poeta analfabeta’
Tráiler
‘A poeta analfabeta’ é unha película documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que voltou pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é testimonio vivo das realidades máis duras so século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roxa.
‘Welcome to ma maison’
Tráiler
Igor NON quere atracar unha xoiería. Igor NON está obsesionado cas mans. Igor NON é fan do director Nicolas Winding Refn. Igor NON viste xerseis de nadal. Igor NON é Igor (e isto NON é un falso documental). Welcome to ma maison é unha longametraxe que inicia unha viaxe a Los Ángeles para coñecer ao director Nicolas Winding Refn e, ao non atopar o seu rumbo, camiña cara o interior do seu protagonista percorrendo a difusa liña entre o actor, a persoa e o personaxe. Un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100% real.
También te puede interesar
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
Lo que no pensé que sería
-
Investigadores premiados pola contribución dos seus proxectos
-
O teatro na Aula Castelao de Filosofía en Pontevedra
-
Óscar Rapado González unha tese que avanza no valor do coñecemento