A marcha galega terá lugar esta fin de semana en Pontevedra

Esta fin de semana as pistas pontevedresas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) darán acollida á disputa do Campionato de Galicia en Marcha de aire libre á que acuden a tomar parte un total de 126 marchadores e marchadoras de toda a nosa Comunidade.

Entre a relación de inscritas destaca a participación da atleta internacional, bronce no europeo Sub23 e campioa de España Absoluta de marcha en pista, Antía Chamosa da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, quen parte como clara favorita a revalidar o seu título autonómico. Tamén  contaráse  coa marchadora internacional Carmen Escaríz do Ourense Atletismo, que será outra das serias aspirantes a ocupar postos no podio sobre a proba absoluta dos 5.000 marcha.

Na categoría masculina o campión de Europa máster e campión de España na mesma categoría Juan Manuel Morales do Marineda Atlético, asume a condición de favorito ao título que xa lograra o ano pasado no mesmo escenario, ante a notable ausencia de Daniel Chamosa.

No resto de categorías  participarán varios dos campións e campionas de Galicia do ano pasado, entre os cales se atopan: Ismael Díaz do C.A.Sada, Pablo Sánchez da Atlética Lucense, Andrés González do Real Club Celta, Anxo Jamardo da Sociedad Gimnástica e Antón Díaz do Atletismo Narón na categoría masculina. Na feminina, tentarán revalidar o título do 2020; Iria Rivas do Ría Ferrol, Oleksandra Kostenko da Atlética Lucense, Sabela Castelo do Vila de Cangas e Lola López do Ourense Atletismo.

E por último, na categoría máster, especial atención a Manuel Polo do Atletismo Narón como de Emilia Rodríguez do Trega, medallistas en ambos casos de varios campionatos nacionais nas súas respectivas categorías.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.