A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela

Santiago de Compostela congregou neste domingo ás xentes de distintos lugares de Galicia que agardan solucións e recursos que fagan posible atención da saúde nas súas zonas de residencia.

Ferrolterra, O Salnés, A Coruña, A Mariña, A Península do Morrazo, Tui, A Garda…Organizacións sociais, políticas e sindicais responderon ao chamamento que veu facendo SOS Sanidade Pública para unir este berro conxunto na capital galega.

A Manifestación saía da Alameda ás 12;00 horas cunha cabeceira nutrida e xente moi estimulada na súa petición ao goberno da Xunta. Mentras descurría o pequeno percorrido que rematou na Praza do Obradoiro, íanse coreando eslogans tales como: «Con a nosa saúde non se xoga» » Sanidade Pública de calidade» Traballo precario na atención primaria» «O Público é servicio, o Privado beneficio».

Xa no Obradoiro un gran escenario agardaba pola entrada total dos manifestantes. Porque a cola da manifestación estivo entrando ata a unha e vinte do medio día pola rúa Fonseca cara a unha Praza onde a enerxica Isabel Risco daba a benvida baixo un sol digno dun día de verán.

Principalmente as reinvindicacións son en base a un Servicio Público Sanitario de calidade, pero en particular a urxente necesidade de profesionais no rural, a falta de pediatras e psicólogxs nos centros de saúde, ou o olvido da mirada supervisora sanitaria nas residencias de ancianos, e tamén a precariedade na sanidade

Un gran escenario preparado ía recibindo a todas as organizacións, asociacións e xentes en xeral que concurriron a esta chamada de SOS, e que a través das súas pancartas reclamaban as necesidades que sufren na súa localidade.

As fotos fan referencia ás peticións desde diferentes puntos desta comunidade á Xunta de Galicia

Manifestación SOS 06/04/2025

About The Author

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *