A manifestación lila transcurreu polas rúas con unha concurrencia máis que aceptable. Camiñando nese despertar da conciencia colectiva que cada vez está máis presente nunha gran parte da sociedade.
Desde a Praza 8 de Marzo ata a Praza da Quintana, entre pancartas e nun ámbiente distendido con representantes do goberno local como o alcalde X. Sánchez Bugallo ou a portavoz do BNG no Concello de Compostela, Goretti Sanmartín; ademais das organizacións non gubernamentais, partidos políticos e sindicatos que participaron desta mobilización coa xente en xeral.
Corearonse cantos contra o patriarcado, o machismo e o desafortunado anuncio institucional da Xunta de Galicia. Referida a unha publicidade feita para concienciar neste Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero, e que provocou moitas reaccións contrarias.
En Santiago de Compostela, despois das multitudinarias manifestacións dos anos anteriores á pandemia, estas novas mobilizacións van collendo forza e adivinase que moi pronto volverán aínda máis a encher plenamente as rúas e prazas no desexo de concienciación para unha sociedade en igualdade e sen violencias.