A loita por unha Sanidade Pública Segura

Concentración conxunta con toda as Plataformas SOS de Galicia o día 30 de novembro do 2022 en Santiago de Compostela, na Praza Roxa

Consello de Colexios Médicos de Galicia oponse enerxicamente ás  manifestacións que fixo recientemente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dicindo que «Os Puntos de Atención Continuada (PAC) de Pontevedra – O Salnés estarán atendidos por persoal de Enfermaria cando no haxa facultativos de turno». Engadindo: «Mellor iso que nada»

O Colexio de médicas e médicos de Galicia desaproba esta decisión do goberno da Xunta de Galicia por considerala «atallos ilegais, ineficientes e temerarios«. Para impedir a posta en marcha desta medida feita pública polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o Colexio de medic@s  ten presentado demanda ante as autoridades xudiciais.

 

Do mesmo xeito, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, convoca á cidadanía a participar na Concentración conxunta con todas as Plataformas SOS de Galicia o vindeiro día 30 de novembro en Santiago de Compostela que  terá o punto de encontro na plaza Roxa ás 20:00horas. Este chamamento é a continuedade dunha serie de medidas para responder aos problemas estruturais que aqueixan ao sistema de Saúde Galego e que atópase nunha situación de desmantelamento.

O portavoz da plataforma indica que  esta acción é necesaria para: «Salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario Público Galego» «Só a mobilización social, en alianza co persoal da sanidade pública, pode parar o deterioro da Atención Primaria».

A poboación sofre limitacións para acceder e ser atendida nos Centros de Saúde, PACs e Servizos de Pediatría de Atención Primaria, e soporta listas de agarda de días ou semanas nunhas consultas masificadas. O peche de PACs e Centros de Saúde rurais constitue abandonar políticas sanitarias de prevención que conlevan un risco para as enfermidades en xeral e en particular das enfermidades crónicas.

Sen esquecer que o persoal dos centros de saúde e PAC está sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral e de enorme presión asistencial por falta de recursos.



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.