O director galego Eloy Domínguez Serén álzase co premio á mellor curtametraxe da sección oficial da 25ª edición do Festival de Málaga con Rompente.
A curta de ficción é unha produción de Zeitun Films que foi rodada na comarca coruñesa de Barbanza e que está protagonizada por Sergio Baleirón, Soraya Luaces e Vicente Mohedano.
SINOPSE:
Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.
About The Author
También te puede interesar
-
Concentración de solidaridade coas familias das vitimas de violencia de xenero
-
‘Antes de nós’, o filme sobre Castelao, chegará ás salas de cine o 23 de maio
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O espíritu universal que viveu na Casa da Tumbona
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria