A celebración do Banquete de Conxo 2022

Divertimento e gozo nunha tarde que xa agarda ao domingo 29, data que vai sustituir, por mor do mal tempo, a programación deste domingo 22. 

Este sábado, ás 6 da tarde, subinme a un dos trens turísticos que o Concello de Santiago puxo a dispor da cidadanía para chegar á celebración do Banquete de Conxo. O servizo parte da igrexa de Santa Susana ás horas enteiras e sae de Conxo ás medias.

Ao subir ao tren turístico, ou o ChuChu, como moitos lle chaman, de todas todas foi novedoso xa de por si. É como sentirte turista na túa cidade, e vas festexando as rúas nun aparello con ese aspecto de recreación de fantasía infantil. Con todo dalle gracia ao asunto, non só aos rapaces, senón a calquer pasaxeiro,  independientemente da idade que se teña.

Partimos cara a Conxo deixando xente á espera doutro turno por que xa non había sitio para máis persoas. O aforo estaba formado por un arco de todas as idades, pero os cativos eran moitos. Nas súas cariñas escapábase un sorriso e tamén expectación, por que para eles o de subirse ao chuchu xa era unha festa.

O traxecto divertido e con pasaxeiros con gañas de pasalo ben; cousa que quedou patente…Saúdos verbais, cancións galegas e despedidas coa man foi o acento que marcou o traxecto cara aos peóns que se atopaban no percorrido. A todos este estímulos que saían do Chuchu, as  xentes respondían alegres, expresivos e animosos…Unha aventura que puido durar 10 ou 12 minutos para lembrar.

Na Praza Aurelio Aguirre, xa distribuida para o gozo da celebración con postos para beber e repoñer enerxías, mostran unhas casetas onde editores e libreiros apostan neste evento histórico. Ademais, e baixo cuberta, un escenario preparaba a marabilla dos pequenos e pequenas que se atopaban sentados agardando pola actuación prometida para o día de hoxe. Membros do goberno municipal como Mercedes Rosón e Marta Abal acudiron á cita. Tampouco quixo faltar ao evento a deputada do PSG, Noa Díaz.

Como aperitivo visual, por alí estaban unhas mozas ataviadas cuns traxes, indicando que é unha festa de época e que o vindeiro domingo 29 podemos disfrazarnos para vivir ese paseo dende Santiago ata Conxo cara un Banquete de Conxo 2022.

@ruasmagazineConxo

  

About The Author

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *