A Democracia é a lexitimidade, e a otorga a cidadanía; non catro persoas interesadas… Cousas de manual, claro.
San Xoan para limpar o malo…Discursos fariseos, mentiras, falsedades e complexos na consideración dun sectarismo total que perdoa sen fisuras calquer tolería, pero, coidado, que perxudica gravemente a saúde, a educación e a paz social.
Mañá estaremos nas vesperas de San Xoan. Daquela, o 23 haberá que guindar e queimar as malas artes e ao persoal retorcido. Queimar o tóxico para abrir as portas às cousas legais e de orden, deste xeito, ventilar e ventilar moito… Boa falta fai.
As parvadas que se falaban na transición nos bares ofrecendo entretemento e risas, hoxe é a temática de quen quere dirixir as nosas vidas. En 2026, non fai falla méritos, so ser servil e ter claro o argumentatrio de quen conveña.
Que os bocados ás sardiñas sacudan os medos e as malas artes, que non haxa peiteados que confundan os intereses propios cos alleos en xeral. Que o silencio do coñecemento, asqueado pola sinrazón vixente, remate. Que o coñecento se presente forte e poderoso para que non leven por diante a democracia, a liberdade froito do dolor e loita social que aínda hoxe lembramos os que fomos testigos do franquismo á transición.
Asemade, non podemos esquecer, eses persoaxes de ficción como Juan Cuesta de la Vida comparables aos «idiotas útiles» existentes na realidade, que se presentan como representantes sociais de quen non lles ten votado… Que desperten dese soño de complacencia que os fai cómplices da sinrazón quitándolle a voz a quen ten ese dereito por mérito propio.
https://fototrans.umh.es/project/manifestacion-por-las-libertades
