A cidade compostelana viveu o 1º de maio con dúas manifestacións que discurriron con tranquilidade pola zona do ensanche e do casco histórico. Una das manifestacións estaba encabezada pola CIG xunto o BNG, e ambas camiñaron cun nutrido grupo de seguidores – sempre en relación co número de persoas que congrega estes actos na cidade- A xornada rematou para esta manifestación na Praza de Platerías onde se leu o manifesto e sonou a Internacional. Por outra banda, a CUT e a CNT marcharon conxuntos, cun número de asistentes que parece que nestes últimos anos vai incrementando. Pechaban o día do traballo nun xantar de fraternidade aportando 4€ por persoa, e onde houbo tamén espacio para a música.
Entradas relacionadas
A seguridade privada indica o desacordo no convenio
Chove, e moito en Compostela, aínda que seña xuño. As cafeterías ateigadas no casco antigo da cidade seguen ca rutina da vida diaria; e case, que dende o meu balcón…
O papel social da ONG; un ben ou mercantileo
Chove, vai frío, pero elas e eles están acampados na Rúa do Vilar para tentar facer pensar aos que teñen o poder da decisión. A ONG Médicos Sin Fronteras pon…
José Ignacio Wert e o negocio dos másteres
Neste triste acontecer do século XXI tamén temos que ver como o coñecemento se convirte en mercaduría. Non é xusto nin xustificable. Moi americano aquilo de “Por se a…



