1 Maio 2026 en Santiago de Compostela

O día Internacional das traballadoras e traballadores descurreu nunha xornada tranquila con tres manifestacións pola cidade: CCOO en conxunto con UGT e a CIG en solitario que logrou congregar o maior número de ciudadáns


Santiago de Compostela viveu o 1 de maio con varias manifestación: Comisións Obreiras (CCOO) e a Unión Xeral de Traballadores (UGT) saíron en conxunto dende a Alameda compostelana ás 11:30 horas. Por outra banda, a Confederación Intersindical Galega (CIG) saeu da Praza Roxa às 12:30 horas. As dúas manifestacións remataron na Praza das Praterías onde se leu o manifesto; os tres sindicatos maioritarios, principalmente reivindicaron os dereitos dos traballadores e alzaron a voz sobre o estado actual da precariedade laboral, a imposibilidade dunha economía de consumo que vén sendo inalcazable e que se xunta ca falta de vivenda. Tamén se fixo referencia á preocupación polo belicismo que vivimos nestes tempos, sen esquecer a agresión que sofre o pobo Palestino.

Asemade, a CIG indicou que a perversión actual das políticas internacionais poñen enriba da mesa os intereses imperialistas económicos e a necesidade de que Galicia camiñe cara a unha independencia que a faga forte, onde a xente non necesite marchar da súa terra para poder vivir. Lembrouse con agarimo a figura de Moncho Reboiras que foi aclamada polos manifestantes.

A CIG logrou convocar a un maior número de asistentes: segundo a organización eran 938 persoas, segundo a policia daba o número aproximado de 1500.

Os tres sindicatos remataron co himno Internacional dos traballadores e co himno galego.


Tamén a Confederación Nacional do Traballo (CNT) e a Central Unitaria deTraballadoras (CUT) celebrarón o día da reivindicación da clase traballadora: a CNT na Praza do Toural e a CUT na rúa das Orfas, cara a Praza de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.