Cultura, Música — 7 noviembre, 2018 a las 1:06

Yael Fiuza dará clases maxistrais na Escola de Altos Estudos Musicais

Por

O trompetista galego Yael Fiuza, que toca na orquestra da Ópera Alemá de Berlín, formará neste instrumento a xoves músicos galegos

A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece a posibilidade de que intérpretes novos melloren a súa formación

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana o trompetista galego Yael Fiuza formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación con este instrumento.

As clases celebraranse o xoves 15 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde; e o venres día 16, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Os músicos que desexen participar nestas sesións poderán matricularse a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Os aspirantes deben estar cursando como mínimo os últimos cursos de grao medio de música.

Con tan só 26 anos, xa tocou en boa parte das orquestras de Alemaña

Yael Fiuza Souto naceu na localidade pontevedresa de Vila de Cruces hai 26 anos. Comeza a súa traxectoria musical aos oito anos de idade na Escola de Música Artística de Merza e prosegue a súa formación na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago. En 2014 conclúe os seus estudos superiores de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Aragón con matrícula de honra.

Foi membro titular de varias xoves orquestras, entre elas a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, a Joven Orquesta Nacional de España, a Schleswig-Holstein Musik Festival Orchester e a Gustav Mahler Jugendorchester. Ten colaborado con agrupacións de toda España e Alemaña. Na actualidade toca na orquestra da Ópera Alemá de Berlín.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.