As artes escénicas na educación; XXIV Certame de Teatro Intercentros está a ter lugar no Principal de Santiago

Os máis novos mostran o traballo e a creatividade propiciada polo teatro cun amplo programa

Este luns arrincaron as representacións do XXIV Certame de Teatro Intercentros, que empezou o 29 de abril ata o 22 de maio no Teatro Principal. Máis de 300 escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato participan nesta edición do evento, organizado pola Concellaría de Educación e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.

Representación » Coa morte nos talóns » do IES Rosalía de Castro

O CPI de Rois subirase hoxe, 1 de maio, ao escenario do Teatro Principal ás 12:00 horas con O achado do castro e ás 18:00 horas con Azucre. Xa o 2 de maio haberá tres obras de teatro, unha ás 10:30 horas da man do IES Eduardo Pondal, que representará A fraga animada; outra ás 12:30 h. do CPI Eusebio Lorenzo de Dodro, con Achanta Bieito e ás 18:00 horas a obra Vogando nos contos, do IES Antón Losada Diéguez.

As representacións de Educación Secundaria rematan o 3 de maio co IES Praia de Barraña e a súa obra Ah! ás 10:30 horas; e co IES Xelmírez I, que ten preparadas dúas representacións. Ás 12:30 horas a obra Animaliños e ás 18:00 horas Fóra de xogo.

Primaria
No caso dos centros de Educación Primaria, as obras comezarán o 21 de maio co CEIP López Ferreiro e a obra Aínda non es sogra, a partir das 10:30 horas. Continuará a Aula de Quinto do Colexio de Roxos, ás 11:30 horas, con Mamasina, que medo! E fechará o Colexio Aspanaes Duques de Lugo ás 12:30 horas con Na procura da peza perdida. O 22 de maio, ás 10:30 h poderase ver En todas as familias cocen fabas, do Colexio San Jorge. Xa ás 11:30 horas, o CEIP Raíña Fabiola achegará Entrevista no ceo, e pecharán este XXIV Certame Os Palimoquiñis do teatro afeccionado lucense, cunha fermosa representación de Os Miserables.

Preme aquí para ver o Programa completo

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.