Actualidad Económica, Actualidad Social — 4 noviembre, 2017 a las 19:31

XVIII Premios Manuel Beiras García; recoñecemento ao uso do idioma no ámbito do comercio

Por

XVIII edición dos Premios Manuel Beiras, de recoñecemento ao uso do idioma galego no sector empresarial e comercial

Organiza a Cámara de Comercio de Santiago 

Bases da convocatoria 

O obxectivo dos Premios Manuel Beiras é distinguir aquelas empresas que fagan un uso normalizado da lingua galega nas súas actividades comerciais e de comunicación. Convócanse dúas categorías: Empresas que veñen realizando un uso continuado da lingua galega, e Empresas que se incorporaran recentemente ao uso da lingua. Tamén se poderá outorgar unha distinción especial ás persoas ou entidades que se destacaran pola súa contribución á normalización da lingua no mundo empresarial.

Para que unha empresa sexa candidata só hai que propoñela, dirixíndose ao Departamento de Lingua do Concello ou ao Departamento de Comunicación da Cámara de Comercio. Calquera pode formular propostas: a propia empresa candidata, unha asociación ou institución ou mesmo unha persoa a título individual.

O prazo para presentar as candidaturas rematará o 11 de decembro. O xurado estará formado por representantes do Concello, a Cámara de Comercio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Universidade de Santiago, unha asociación en defensa da lingua, o Colexio Oficial de Xornalistas, unha asociación de consumidores e os premiados na edición anterior. Está previsto que os nomes dos gañadores se coñezan o 19 de decembro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*