Actualidad, Agenda, Música — 7 noviembre, 2017 a las 20:02

Xornadas da Música “Boiro, Territorio Musical”

Por

O departamento de Cultura do Concello de Boiro, e dentro do proxecto República Creativa, dará continuidade ás II Xornadas da Música “Boiro, Territorio Musical”.  Nesta segunda edición  abordase a realidade musical local que viveu momentos lediciosos da localidade boirense.

Boiro, Territorio Musical, desenvolverase o vindeiro 18 de novembro no Centro Social de Boiro. Un encontro no que reflexionar, intercambiar experiencias e promover accións formativas específicas baseadas no potencial local.

As xornadas comezarán ás 10.30 da mañán cunha mesa redonda na que se falará da Música, como factor de desenvolvemento territorial, coa presenza de Julio Gómez (director da promotora SinSal Audio e impulsores do Festival SinSal e Monumenta Son Estrella Galicia Formentera), Rosa Salgado (pertencente á Miraxe Soc. Coop. Galega, produtora, coordinadora e management en festivais como o Festival Intercéltico do Mundo Celta de Ortigueira, Festival 17ª da Ribeira Sacra, ou Festival de Jazz de Vigo..entre outros) e Patricia Hermida (de DotBeat, manager de Agoraphobia, Heredeiros da Crus, Javi Maneiro e directora do Festival Cidade Europea do Viño de Cambados) a mesa estará moderada por Marián Fernández da cooperativa viguesa O Cable Inglés.

A mañá finalizará coa mesa redonda Boiro, Potencia Musical, que da nome a estas xornadas na que se falará sobre a situación actual da música na localidade contando coa presenza de artistas locais que viven actualmente da música. Fran Velo (Heredeiros da Crus e The Lákazans), Susana Saavedra (Agoraphobia), Luis Miranda (da cooperativa musical Sonaxe) e Carme Tubío musicóloga, violonchelista da orquestra Vigo 430. Moderará a mesa Alberto García, técnico de cultura do Concello de Boiro e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).

Dentro do programa destaca tamén unha Masterclass a cargo de Xosé Lois Romero do grupo tradicional Aliboria, quen impartirá unha sesión de Multipercusión Tradicional dirixida ao alumnado da Escola de Música de Boiro (inscricións no teléfono 981 842 635)

A clausura desta xornada será a cargo dunha mesa redonda na que se reflexionará sobre a situación das mulleres e o sesgo machista existente na industria musical, Mulleres referentes na Musica. Igualdade e Visibilidade contará coas produtoras musicais galegas de referencia como son Rosa Salgado (Miraxe Soc. Coop. Galega) e Cecilia Carballido (Cunde Soc. Coop. Galega) coa presenza da asociación MIM (Mujeres de la Industria Músical) representada por Patricia Hermida e coa cantante galega Guadi Galego. A mesa estará moderada pola localista Sonia Lebedynski.

A nota musical destas xornadas será, na Casa da Cultura Ramón Martínez López cun concerto da Banda de Música de Boiro ás 20.30 e posteriormente na sala de concertos A Pousada das Ánimas co grupo The Rebels ás 23.30.

A asistencia das xornadas é totalmente gratuita e comezarán o vindeiro sábado 18 de novembro ás 10.30 no salón de actos do Centro Social de Boiro.

Máis información: https://www.facebook.com/RepublicaCreativadeBoiro/ ou no enderezo electrónico info@republicacreativa.eu

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*