Actualidad Social, Agenda, Cultura, Literatura, Portada — 17 mayo, 2018 a las 17:39

Xente boa e xenerosa. A homenaxe a Xosé Chao Rego

Por

O martes 15, tiven a sorte de asistir ás 7 da tarde ao homenaxe a Xosé Chao Rego na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Un recoñecemento a un home culto que deixou unha forte pegada naqueles que tivemos a sorte de coñecelo; alí estaban amigos, deses escollidos cos que un verbaliza en voz alta os sentimentos máis profundos, segundo manifestou un dos intervintes. Tamén compañeiros do Instituto Rosalía de Castro onde Xosé Chao Rego impartiu clases de lingua galega. Foi unha profesora desta institución quen fixo a referencia   publicamente a súa lembranza; falaba da conversa mantida con Pepe Chao onde lle explicaba o seu xeito de dar clase dende a cercanía,  nun estado de igualdade cos alumnos aludindo a súa responsabilidade, sempre necesario  para afrontar a aprendizaxe. Asociacións, fundacións e Irmandades elixiron un poema, texto ou lembranza que fixera mención ao homenaxeado.

Aínda que son tempos ruidosos que non deixan escoitar as notas máis puras, nin sequera tempo para valorar os méritos de homes e mulleres da razón, sempre hai mentes reflexivas que gardan lembranza e honra para a xente coherente e para a sensibilidade que desprende nas súas verbas e accións. Xosé Chao tenme falado da mirada do Campanario de San Fructuoso dende a súa fiestra, falaba dende a ledicia da gratitude de ter a igrexa, a bela igrexa tan preto. Decía da súa dona ser verdadeiramente afortunado. Pepe Chao Rego era un representante da cultura ilustrada misturada dun perfil sinxelo e humilde que sempre atopaba un oco para aloxarse no corazón dos semellantes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Preparouse para ser un home da Igrexa Católica, primeiro en Salamanca e despois en Roma, pero despois duns anos exercendo decideu abandonar por non creer na igrexa que se estaba a predicar, afastada da realidade.  Xosé Chao Rego renunciou á vida cómoda de un párroco nunha vila galega, renunciou á hipocresía en aras á coherencia do que el cría. E loitou  por unha relixión Católica actual, coherente cos tempos. Por unha fe real e solidaria inclusiva… Non quería formar parte dunha relixión que estaba lonxe da realidade vivida pola xente. Cando remataba o ano 2015, en novembro, deixounos un home bo e xeneroso que aínda que non se prodigaba nos medios de comunicación, dispoñía dunha capacidade intelectual importante e non pasaba inadvertido na relación persoal pola bondade e xenerosidade que desprendía. Esta merecida homenaxe a Xosé Chao Rego estivo organizada pola  Plataforma de Galeras e tivo a súa maior impulsora en Pilar Sampedro que solicitou axuda e colaboración para este acto. Poesía, canto e lembranzas percorreron unha sala que quedou cativa no aforo para acoller o agarimo a un honorable que xa non está entre nós pero que nos deixa escritos e moito corazón nas súas verbas. Verbas galegas que amaba e defendía dende a comprensión e xeneroxidade;  acadando grandes éxitos de concienciación do noso idioma. A súa dona, alí presente, recibeu a ledicia  e a estima dos que Xosé Chao Rego foi quen de cosechar ao longo da súa vida con xentes de aquí e acolá.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.