Actualidad Social, Portada — 28 septiembre, 2018 a las 1:15

Vixésimo sétima camiñada solidaria ao Pedroso

Por

A edición número XVII da Camiñada ao Pedroso terá lugar o vindeiro domingo 7 de outubro ás 10:00 horas. Un ano máis, o recadado irá para Unicef

Trátase, polo tanto, dunha camiñada solidaria a prol de Unicef, que se iniciará na praza do Obradoiro e percorrerá un tramo urbano pasando pola rúa do Franco, Alameda, Campus Sur e Carballeira de San Lourenzo. Alí collerase o Sarela río arriba, pasando por Santa Isabel a través do paseo aberto polo Concello, e polo Muíño do Lermo ata a antiga curtidoría, esta última rehabilitada como centro de formación. Dende aí, iniciarase a subida pola aldea de Montes e por diferentes camiños ata o cumio. Tras repoñer forzas, a andaina rematará na Granxa do Xesto

É recomendable levar unha botella ou cantimplora cun pouco de líquido e algo de comida, xa que está previsto que a andaina teña unha duración aproximada de tres horas. Para aqueles que poidan ter problemas e queiran abandonar ou acortar o percorrido, os puntos de acceso para coches son Santa Isabel, Muíño do Lermo e Curtidoría.

***O prazo de inscrición está aberto ata o venres 5 de outubro na sede de Unicef Comité Galicia en Santiago de Compostela (rúa de Galeras 13, 2º oficina 5) e o propio día da camiñada na praza do Obradoiro. O prezo é de 5 euros e os menores de idade deberán ir acompañados.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.