Cultura, Danza, Música — 30 abril, 2016 a las 10:00

VII edición O berce de Donaire, unha homenaxe ás Irmandades da Fala

Por

 O berce de Donaire conta nesta VII edición coa participación das escolas de Santaia (Santa Cruz), Ximiela (Louro) e do Concello de Outes.

O berce DonaireO festival infantil de música e baile tradicional “O berce de Donaire”, organizado pola Asociación Cultural Donaire, quere darlle espazo aos máis pequenos para que mostren as súas habilidades artísticas, na conciencia que son os continuadores da nosa música e baile.

Hoxe, sábado 30, temos unha cita ás 17:30 horas coa nosa cultura e tradición da man dos máis novos. O lugar escollido é o Auditorio do Centro Ágora da Coruña. Nenos da Coruña, Oleiros, Muros e Outes, en total 200 rapaces que participan nun evento onde nos presentarán xotas e muiñeiras.

De entre os grupos que actuarán na xornada, Ximiela de Louro, chegan do desfile do Saint Patricks Day en New York e de presentar o espectáculo “A Ruta da Sal”. Outro dos grupos co que contará o evento é Santaia, unha asociación de longa tradición, ademais do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Muros.

A cita é este sábado 30 de abril ás 17:30h. no Auditorio do Centro Ágora.

A cita é este sábado 30 de abril ás 17:30h. no Auditorio do Centro Ágora.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.