Cultura, Portada — 18 octubre, 2018 a las 22:32

VII Edición dos Premios Poesía María Mariño 2019

Por

A Asociación Teenses pola Igualdade vén de convocar unha nova edición do Premio de Poesía María Mariño.

O acto presentarase no vindeiro  maio do 2019, coincidindo co mes onde tamén  se celebra o Día das Letras Galegas.

Todos aqueles que desexen  participar neste certame terá que rexirse polas siguientes bases:

1. Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade sempre que o seu traballo sexa escrito en galego.

2. Os poemas que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados noutros concursos, sendo libres o tema e maila forma.

3. O VII Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun: Primeiro Premio de 300€ e un Segundo Premio de 200€.

4. Cada concursante participará cun só poema, que non deberá exceder os CEN versos mecanografados a dobre espazo en formato DIN-A4, por unha soa cara e por quintuplicado.

5. Os poemas deberánse presentar baixo lema, indicando no sobre: “PARA O VII PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO”. No interior do sobre que conteña o traballo , achegarase en sobre aparte, pechado e lacrado cos seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, da persoa autora do traballo así coma un resumo dos seus datos biográficos que non deberá exceder as quince liñas.

6. O Xurado cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galega actuando coma secretari@ con voz e sen voto una persoa, elixida pola directiva da asociación.

7. O fallo do Xurado será inapelable, a súa composición así como o nome dos galardoados, darase a coñecer a través dos medios de comunicación. Os galardoados recibirán comunicación directa por parte da organización.

8. A entrega dos Premios terá lugar nun acto poético en día a sinalar dentro da Semana das Letras Galegas 2019.

9. O prazo para a entrega dos traballos é improrrogable, rematando ás 0:00 horas do 16 de Abril do 2019

10. Os poemas remitiránse a:

Asociación Teenses Pola Igualdade
Escola de Vilanova, nº 43 – 1º Andar. Recesende
15895- Teo – A Coruña

11. Os traballos gañadores quedarán en poder da Asociación Teenses pola Igualade que se reserva os dereitos sobre os mesmos.

12. Os traballos presentados non premiados deberán ser retirados polos autores previa identificación, no prazo de dous meses, dende a entrega do Premio. Transcorrido dito prazo procederáse a súa destrucción.

13. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes Bases. Tódalas incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva ou polo Xurado cando éste quede constituído.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.