Vestirse de cores na Festa do Orgullo Gay

Baixo un ceo de cores alegres que conviven nun mesmo universo e que nos queren facer un pouco máis iguais, estes días celebraríanse nas rúas das grandes cidades a Festa do Orgullo Gay. No contexto actual, do coronavirus, serán unhas festas diferentes; non só porque non se poderán espallar as cores poderosas nas rúas como vén sendo habitual; cuns traxes imaxinativos, coa lecicia que chispea e se comenta entre o xentío en varios idiomas. Nin sequera, poderemos falar da cantidade de cartos que  reporta o acontecemento nas cidades de Madrid ou Barcelona onde o acontecemento xa é tradición. Este ano a Festa do Orgullo terá a súa maior presencia en internet. Aínda así, son moitos os ayuntamientos que expresaron o seu compromiso e solidaridade co colectivo LGTBIQ mostrando nos balcóns das casas consistoriais a bandeira que simboliza os valores da diversidade sexual.

A Festa do Orgullo nesta nova realidade bota man do seu significado primeiro: pór en pé unha bandeira para manifestar a conquista duns dereitos que permiten presentar aos individuos tal e como son e vivir con normalidade a verdade da súa identidade. Uns dereitos para vivir sen agocharse da condición que lles veu marcada de natureza. Acaso hai naturezas boas e malas? Eu penso que só as persoas poden ser boas ou malas. A Festa do Orgullo Gay debe palpitar no corazón das xentes, nese fío da vida que todas e todos compartimos porque as sociedades con certo grado de satisfacción son máis felices. 

Quen non escoitou nalgunha ocasión falar desta celebración; uns actos cheos de cor, de ironía, humor  e ledicia que invitan a toda a cidadanía a participar, tanto grandes coma pequenos…E dentro dese punto lúdico e festivo atopase  todo unha manifestación de reivindicacións dos dereitos do ser humano. A defensa do individuo a poder ser diferente, a loita por conquistar un espacio para non ter que sufrir o acoso e o desprezo polo feito de ser diferente a como os estándares estipularon. Alguén dixo que todos e todas tiñamos que seguir a fila e ser obedientes. Aínda que eles no o fixeran… Seguramente nos gustaría saber e falar máis da diversidade sexual para poder empatizar e así entender mellor outras realidades. Se ben é certo  que hai uns anos esta verdade era máis descoñecida, hoxe, grazas aos colectivos LGTBIQ estas cuestións teñen máis visibilidade.

A festa do Orgullo este ano trascurrirá principalmente por internet, apoiar a celebración supón manter uns dereitos activos, sen que perdan forza. Estas iniciativas que están ben canalizadas son imprescindibles, pois sempre hai quen por ideoloxía ten présa en retroceder no tempo. A Festa do Orgullo manten o abano lóxico da natureza humana unindo razóns fundamentais como son as diferentes condicións, emocións e xeitos de entender a existencia humana. A conmemoración vén a impedir as restrincións arbitrarias dunhas persoas que lle din a outras como teñen que vivir. 

Verdadeiramente esta é unha festa de todas e todos, unha festa da tolerancia, do ben común. Somos mellores cando somos felices, ou non? Tratar de impoñer por decreto o que non pode ser por natureza crea demasiado dor e vén a favorecer á marxinalidade. 

Dende a igualdade e a liberdade pódese construir un mundo mellor estruturado, máis imaxinativo e con esperanza. Porque ademais, case sempre, a pluralidade  trae consigo sociedades máis xustas,  creativas e como consecuencia cultas.

 Nunca se evolocionou sobre unha mentira, ou alguen pode ser feliz vivindo nunha mentira?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.