Actualidad Social — 14 noviembre, 2017 a las 20:54

V Gala contra o cancro en Ourense

Por

O Auditorio da cidade das Burgas volve ser o escenario da gala contra o cancro  un ano máis

Diferentes actuacións farán desta noite algo especial na conducción de Rubén Ríos e Xacobe Bruña como mestres de cerimonias desta nova edición.

Artistas como O Sonoro Maxín, banda de música ourensá que compartiu escenario con grandes da música como Manu Chao ou Los Delinqüentes, presentarán cancións do seu novo álbum “Sete Dezasete”, un disco que celebra o décimo aniversario da creación da banda. Un espectáculo no que tamén participa Miguel Arias, músico e cantante ourensán cunha traxectoria imparable que colaborou con artistas da talla de Robbie Williams, Pablo Alborán ou Lorena Gil. En representación da música tradicional, as Xestreu, grupo de 5 pandereteiras da provincia que sorprenderon co seu novo álbume “Non me toques a saia” e xa estiveron presentes en edicións anteriores acompañando a Emilio Rúa. Por primeira vez neste evento, preséntase un espectáculo de maxia como é o caso de Mago Marco. A danza estará presente a través da Escola de Danza Nati Fleta-Coppelia e o Centro Deportivo Moovett que presentará perfomances e coreografías orixinais e xenuínas. En palabras do organizador, David Rodríguez (presidente da Asociación Cultural Xuvenil AsCanellas): “son xa cinco anos organizando esta gala en datas previas ó Nadal ”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*