Títeres Cachirulo inicia a experiencia que rematará nun documental baixo o título A Barraca Camiño a Compostela

O venres 19 de xullo a barraca fará a súa primeira parada en Melide eo domingo 21, en Pedrafita do Cebreiro. A programación incluirá unha representación de monicreques, un obradoiro de bonecos peregrinos e unha exposición en cada unha das 12 localidades incluidas no seu percorrido. Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa O Teu Xacobeo.

Títeres Cachirulo chegará este venres a Melide coa súa barraca-retablo cargada de personaxes históricos e fantásticos do Camiño de Santiago. A iniciativa, que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia, ofrecerá ás 20:30h a representación do espectáculo “Camiño de aventuras” na Praza do Convento de Melide. Os rapaces e rapazas tamén poderán achegarse a realizar un obradoiro
de monicreques peregrinos que levarán a casa para representar as súas propias aventuras.

O domingo 21 de xullo a parada será en Pedrafita do Cebreiro, ás 13:00h na Praza do Concello. En ámbalas dúas localidades, ademáis da representación e do obradoiro de monicreques, estará a disposición do público unha pequena exposición que amosará diferentes marionetas e bonecos de personaxes vinculados á tradición Xacobea, como Don Gaiferos, a Raíña Lupa, a Raíña Isabel de Castela ou o mesmo Demo Lucifer, entre outros. Entre os meses de xullo e agosto de 2019, en total serán 12 as localidades participantes neste percorrido: Melide, Pedrafita do Cebreiro, Paradela, Portomarín, Triacastela, Palas de rei, Samos, Monterroso, O Pino, Sarria, Arzúa e Santiago de Compostela.

As actividades completaranse con pequenas gravacións das intervencións (funcións, exposicións, obradoiros, testemuñas do público, etc.) que formarán parte do documental “A Barraca polo Camiño”, que se exhibirá, xunto cunha exposición que reunirá todos os materiais desta ruta, en Santiago de Compostela, do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2019. As próximas paradas están previstas para o 1 de agosto ás 19:00 h na Piscina Municipal de Paradela; o 2 de agosto ás 20.00 h en Portomarín, o 3 de agosto ás 20:00 h en Triacastela e o 4 de agosto ás 20:30 h en Palas de Rei, nas respectivas prazas do concello de cada lugar.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.