Tempo dos cogomelos

As cousas boas do outono, chega o tempo dos cogomelos

O restaurante da Bodeguilla de San Roque programa a charla dun experto en micoloxía e unha exposición – degustación

Chegan as datas de cogomelos e á Bodeguilla de San Roque xa prepara unha charla para o 28 de outubro con José María Costa Lago, membro da Asociación Micolóxica Pan de Raposo.

O encontro gastronómico conta cunha charla para seguir por unha mostra degustación.

Esta actividade vén a cumprir e dar seguimento o desenvolvendo de iniciativas levadas a cabo pola Bodeguilla dende hai uns anos no lugar da sala de catas do coñecido establecemento compostelán.

Cunhas expectativas de bo ano para os cogomelos, un produto  ben preciado polos comensais, a Bodeguilla espera ofrecer unha exposición merecida.

Nota: Para participar hai que anotarse no establecemento

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.