Teatro do Atlántico, a gran gañadora dos XX Premios María Casares

A noite dos María Casares tivo lugar onte no Teatro Rosalía de Castro de  A Coruña. Unha noite de humor e retranca na que os do Chévere invitaban a participar. Sobre as táboas uns intérpretes actorais e musicais que non deixaron lugar a dúbidas que Galicia ten talento dabondo. As actrices e actores: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Marcos Ptt, Manuel Cortés, Borja Fernández e Cristina Iglesias, mantiveron  un escenario activo e vivo. Os cinco músicos que acompañaron a cerimonia: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz,  devolveron o son dun xeito natural e tamén de xenerosidade colaborativa nun escenario deseñado por Suso Montero. Por outra banda, a xornalista Montse Dopico encargouse da lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro e o Premio de Honra Marisa Soto este ano otorgouse á Revista Galega de Teatro.

 O Grupo Chévere dirixido por Xesús Ron, ofreceu un espectáculo dinámico e divertido, e non esqueceu indicar o imprescindible sentido crítico que o sector debe manter para considerarse e ser considerado polo gran público. O uso da ironía e retranca como elementos singulares da nosa cultura sirveulle a Chévere para sinalar algúns dos puntos débiles que todo intérprete ten que contemplar no ámbito profesional para podelo solventar. 

A peza teatral O Principio de Arquímides, da compañía Teatro do Atlántico, acadou 5 dos 14 premios que concede o certamen que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), e que xa vai pola vixésima edición.

@ladiapo. Foto dos gañadores María Casares 2016
@ladiapo.                                       Foto dos gañadores María Casares 2016

Premios María CasaresPantallazo-2

Foto: @corsino.

O principio de arquimedes_ Corsino
Premios a Teatro do Atlántico pola obra O Principio de Arquímides. De esquerda a dereita: Toni Salgado (premio mellor actor protagonista), Alberto Rolán (premio actor secundario), Afonso Becerra (mellor tradución/adaptación) e Xúlio Lago (mellor director), María Barcala agradecendo o María Casares ao mellor espectáculo.

A Noite dos María Casares, unha noite de humor e retranca que os do Chévere invitaban á participación activa. Sobre as táboas: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Marcos Ptt, Manuel Cortés, Borja Fernández e Cristina Iglesias) e cinco músicos (Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz).

Chevere2_Corsino
@corsino. Ultranoite para todos coa Compañía Chévere que este ano encargouse da cerimonia dos María Casares.

[wzslider]

Artigos relacionados XX Edición

Sobre Mariel Norat 210 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.