Tanxugueiras, premio estatal da música independente ao mellor álbum en galego de 2018

 

Recolleron o premio MIN Sabela e Olaia Maneira, non estivo Aida Tarrío

Unha das bandas máis prometedoras no panorama musical do país que preparan un novo lanzamento discográfico a finais deste ano, potenciado polo premio da música independente que acaban de recibir; un premio nunha categoría na que tamén estaban nominados Chicharrón, Xoana, Mercedes Peón e Ezeterre. 

O disco homónimo das Tanxugueiras permitiulles levar a súa música por todo o país cunha xira de máis de 50 concertos en 2018 e tamén internacionalmente  por Cuba, a India, Suíza e a terceira participación no Festival Celtic Connections de Glasgow que as convertiu na banda revelación da música tradicional. Crecendo da man de Shooglenifty veñen de publicar conxuntamente o single “East West”, chegando a colaborar nunha experiencia única coa banda escocesa e Dayam & Katif (Dhun Dhora) da India.

Recolleron o premio durante a gala celebrada o mércores 13 no Teatro Circo Price de Madrid na gran festa da música independente española facendo un alegato ás diferentes linguas e a riqueza que iso supón, poñendo en pe ao público do teatro.

O vindeiro 29 de marzo, no Salón Teatro de Lalín, comezarán a xira de 2019 nunha lista que se van sumando datas e que servirá de despedida deste traballo co que tantos éxitos están colleitando.

Dende aquela gravación de fai dous anos nos camerinos do Festival Celtic Connections que se celebrou en Glasgow (Escocia) agora dentro dos Premios MIN 2019

So far it is Galicia 7 Rajastan 5 Scotland 0

Publicada por Tom Bancroft en Sábado, 21 de enero de 2017

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.