Actualidad Política, Actualidad Social, Portada — 21 abril, 2017 a las 13:40

SOS Sanidade Pública de Compostela solicita o recusamento da Valedora do Pobo

Por

Valedor Pobo

Insatisfacción de SOS Sanidade Pública de Compostela pola labor desenvolvida por Milagros Otero

O vindeiro luns se propón unha xuntanza para solicitar recusar á valedora do Pobo

 

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela xunto con outras organizacións fai un chamamento á sociedade civil en xeral para ter unha xuntanza o vindeiro luns, 24 de abril. A convocatoria ten a finalidade de recusar á valedora do pobo pola súa actitude con respecto ás queixas da sociedade galega.

Unha xuntanza onde se porá de manifesto as respostas coas que a responsable do posto público contesta ás queixas presentadas polos diferentes colectivos de Galicia: Diabéticos (resposta en referencia ao cambio das agullas de inxección de insulina, que son de tan mala calidade). A resposta aos enfermos e familiares de pacientes oncolóxicos (un mesmo diagnóstico de cáncro pode ser tratado de forma diferente en Galicia que en outras comunidades autónomas, ou mesmamente doutro xeito que noutros lugares de Europa).

Segundo manifestacións de SOS Sanidade Pública de Compostela: Unha actitude, a da Valedora do Pobo, pouco resolutiva e insatisfactoria que vén a xustificar que diferentes colectivos sociais reclamen á Xunta de Galicia, ao goberno do PP, unha chamada de atención a dito cargo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*