Actualidad Social, Cultura, Portada, Tendencias — 17 Julio, 2017 a las 18:27

Serge Haroche, Premio Nobel de Física, participa en Santiago no Programa Conciencia

Por

O Premio Nobel de Física 2012, Serge Haroche (Casablanca, 1944), visita esta semana Santiago convidado polo Programa ConCiencia de divulgación científica que desenvolve a USC co apoio do Consorcio de Santiago. O mércores 19 pronunciará, ás 20.00 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23) a conferencia pública ‘Como se nutren mutuamente a investigación fundamental e a innovación tecnolóxica’

O físico francés manterá este martes 18 un encontro cos medios de comunicación ás 11.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.

Haroche, na actualidade investigador e profesor no Collège de France (París ), recibiu o Premio Nobel xunto con David J. Wineland por descubrir uns innovadores métodos experimentais que permiten a medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais.

Nos anos 80, do século pasado, Serge Haroche marcouse como obxectivo algo que parecía imposible: observar directamente partículas cuánticas individuais sen destruílas. Conseguiuno deseñando enxeñosos experimentos con láseres para estudar fenómenos cuánticos cando a luz interacciona coa materia. Co seu traballo na chamada óptica cuántica non só puido observar estados cuánticos fráxiles, algo considerado ata entón inexpugnable, senón tamén controlalos, o que supón un dos primeiros pasos para a construción de computadores extraordinariamente rápidos baseados en física cuántica.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*