Cultura, Música, Portada — 19 septiembre, 2018 a las 17:37

Segundo concerto do Ciclo Lied coa voz da mezzosoprano holandesa Christianne Stotijn e o pianista polaco Macij Pikulski

Por

O XIX Ciclo de Lied de Santiago explorará mañá no seu segundo concerto as grandes paixóns universais a través de Brahms, Tchaikovsky, Mahler e Strauss

O XIX Ciclo de Lied, organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Compostela (ADOC) para o Concello de Santiago de Compostela e coa colaboración da Deputación da Coruña, celebrará mañá xoves 20 de setembro ás 20.30 horas no Teatro Principal o segundo dos concertos que conforman a programación desta edición. Baixo o título de Tarde de cancións, a sesión reunirá en escena a voz da mezzosoprano holandesa Christianne Stotijn e o pianista polaco Macij Pikulski, que se encargarán de explorar os repertorios de autores como Brahms, Tchaikovsky, Gustav Mahler e Richard Strauss. As entradas para este concerto poden adquirirse xa na billeteira do Teatro Principal.

No XIX Ciclo de Lied de Santiago o gran fio condutor tanto dos concertos coma as composicións seleccionadas confórmano as grandes experiencias e paixóns que definen o tránsito vital do ser humano. No concerto de mañá, catro serán os compositores seleccionados do mesmo xeito que catro son os temperamentos básicos que defende a teoría dos humores que, dende a antiga Grecia, veu espertando o interese de filósofos e estudosos. Así, o público poderá escoitar no programa de mañá catro autores (Brahms, Tchaikovsky, Mahler e Strauss) cronoloxicamente dispostos; xenios singulares con vidas intensas que empregaron o lied como un fin e medio para expresar a paixón, a desesperanza, a dor, o xúbilo e todos os sentimentos universais do ser humano.
A mezzosoprano holandesa Christianne Stotijn (Delft, 1977), prestixiosa intérprete galardoada con premios tan reputados como o ECHO Rising Stars Award, o Borletti-Buitoni Trust Award ou o Nederlands Muziekprijs, porá a voz dunha actuación na que estará acompañado polo pianista polaco Maciej Pikulski (Cracovia, 1969). Formado en Francia e cun recoñecido prestixio internacional, Pikulski cultivou unha carreira frutífera tanto de solista coma de acompañante dentro do xénero de música de cámara.

TERCEIRA SESIÓN
O Teatro Principal despedirá o ciclo o día 25 de setembro cunha terceira sesión titulada Canto de Cisne, na que o baixo barítono Hanno Müller-Brachmann e o pianista Matthias Alteheld interpretarán diversas composicións do romántico alemán Carl Maria von Weber e do austríaco Franz Schubert. Precisamente, os intérpretes farán un achegamento ao Schwanengesang (O canto do cisne), colección póstuma de Lied que lle dá título ao peche do Ciclo. Composto por Schubert, as pezas xorden a partir de textos de poetas como Heinrich Heine e Ludwig Rellstab.

VENDA DE ENTRADAS
As entradas estarán á venda a un prezo de 8 euros por sesión. As entradas terán os descontos do 50% para estudantes, xubilados, menores de 25 anos, maiores de 65, persoas desempregadas, perceptores de rendas sociais e membros de familias monoparentais ou numerosas. Poderán adquirir no horario habitual da billeteira do propio Teatro Principal. Ademais, a través da nova páxina web compostelacultura.gal, poderanse adquirir as localidades de forma telemática.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.