Santiago será escenario teatral o vindeiro luns na nova edición de Galicia Escena PRO

Galicia Escena Pro celebrarase do luns día 10 ao xoves 13

O mercado galego das artes escénicas traerá a Compostela 150 axentes culturais de diferentes puntos da xeografía española  

Santiago será punto de mira da península durante tres días no eido das artes escénicas

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo presentou hoxe no Centro Obra Social Abanca a VII edición de Galicia Escena PRO. O acto tamén foi presidido por Jacobo Sutil, director do Agadic, e Juan Rodríguez, representante da Asociación Escena Galega 

O conselleiro manifestou o seu apoio a esta mostra escénica do teatro galego, porque, e segundo a súas verbas » supón unha gran plataforma para a distribución das artes escénicas galegas» O conselleiro, engade » este año faise de xeito compartido entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Asociación Empresarial Escena Galega» Tamén sinalou, a importancia deste acontecemento en Santiago. Pois indicou que durante tres días Compostela será o punto de mira das artes escénicas a nivel nacional, e cando remate este mercado- escaparate da produción de teatro e danza galega dará comenzo o evento musical do Son do Camiño (13 ao 15 de xuño)

Galicia Escena Pro que terá comenzo o vindeiro luns, ofrece a exhibición de 20 espectáculos en cartel (17 galegos, e 3 pezas son de Madrid, Cantabria e País Vasco), dúas estreas absolutas e dúas montaxes de teatro de rúa. Ademais dunha programación profesional que inclúe unha sesión de pitching de proxectos e momentos pensados para o networking.

Os espazos de programación de espectáculos siguen a ser o de anos anteriores: Auditorio Abanca , Fundación SGAE, Salón Teatro e Teatro Principal

A sétima edición do mercado galego de artes escénicas conta con algunhas novidades que queren darlle un maior pulo e dinamismo ao sector; espacios de conversa, reflexións e intercambios profesionais, como os  chamados Cafescena e Noitescena de PRO que asemade ocuparán as actividades da programación. Ademais, desta volta, incorporase unha nova figura na organización que pode imprimir maior eficacia e dinamismo do evento, o ben nomeado «facilitador» que vén sendo o que coordina as axendas de reunións dos profesionais acreditados. Esta é unha figura que xa se dá noutras feiras sectoriais e que demostran que favorece a interrelación entre as partes. Un papel que desenvolverá Juan Rodríguez representante de Escena Pro nesta sétima edición. O punto activo desta funcionalide administrativa terá lugar no Centro Obra Social Abanca, na Praza Cervantes, 19. 

O Público en xeral poderá ver estas propostas de xeito gratuíto, sempre en función das butacas dispoñibles, previo paso polo despacho de billetes. 

O teatro na rúa fará ao ciudadá espectador coa obra de OhLimpiadas!  da compañía galega Sincronacidas, que se representará na Praza Cervantes, e na Praza da Quintana de Femmes, da compañía vasca Hortzmuga Teatroa, fará a súa proposta.

Sobre Mariel Norat 210 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.