Santiago alza a voz contra a violencia machista

Visibilizar o sentir social no 25 de novembro,  día Internacional contra a Violencia machista

Ás oito da tarde era a cita que onte congregou na Praza 8 de marzo de Compostela aos manifestantes por mor da defensa da vida, da liberdade e da convivencia en unha sociedade de iguais. É así que deste xeito, queríase visibilizar o sentir no 25 de novembro,  día Internacional contra a violencia machista; convocada pola Plataforma Feminista Galega, a xornada  lembraba a criminalidade que se exerce contra as mulleres na sociedade actual, non hai que esquecer que a día de hoxe xa contamos con 40 mortes por esta lacra.

Un acontecemento que xuntou un bo número de persoas, fundamentalmente mulleres, que reclaman medidas que poidan poñer freo a estes actos criminais.

Vídeo de como se ía xuntando a xente para arrincar a manifestación>> Preme aquí

Con unas temperaturas xélidas, como é o normal destas datas, a manifestación transcurreu animada dende a Virxen da Cerca ata a Praza de Platerías, lugar onde varias mulleres de distintas idades, entre elas cabe mencionar a Encarna Otero, fixeron manifestacións con respecto ao tema. [wzslider]

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.