Agenda Santiago, Cultura, Literatura, Música, Portada — 6 octubre, 2018 a las 0:28

Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal –Galiza, protagonistas da Gala aRi[t]mar 2018

Por

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela acolleu a presentación da III Gala aRi[t]mar que se celebrará este mércores 31 de outubro no Auditorio de Galiza e que contará coa participación de artistas e entidades gañadoras: Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal–Galiza.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou os vínculos coa lusofonía que promove Convergências para reforzar a presenza de Galiza en Portugal, “a ilusión” que transmiten a “A Banda da Loba”, Alexandre Brea e Lois Pérez, ademais de Salvador Sobral “que alcanzou uns índices de popularidade moi elevados”. Sinalou tamén a colaboración das distintas entidades e a proxección da lingua galega para reforzar os vínculos coa lusofonía, “unha das causas fundacionais deste certame”.

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, recoñeceu o traballo do equipo de dinamización lingüística e do conxunto do profesorado e do alumnado da EOI “por este proxecto singular e único que consegue moitísima participación para pór en valor a poesía e a música contemporáneas”, porque é “fundamental” para a xente que aprende idiomas “que saiba que detrás dun idioma hai unha literatura e unha cultura, sinais que deben de converxer para coñecermos o ámbito galego-portugués”. Afonda este certame nas relacións Galiza e Portugal, que defende a Deputación da Coruña, segundo explicou, “e que historicamente sempre foron reivindicadas entre nós e conseguen unir eses lazos lingüísticos”.

O concelleiro de Educación de Santiago, Manuel Dios, sinalou que a Gala aRi[t]mar volve achegar “o mellor da cultura galega e portuguesa a Compostela” e que o Concello cede o Auditorio de Galicia, “un dos epicentros culturais da cidade, onde actuará Salvador Sobral tamén ao día seguinte”. Explicou a importancia do ensino de linguas “con sete idiomas que se poden aprender nesta escola: inglés, francés, alemán, italiano, español, galego e portugués tanto para a veciñanza de Compostela como para converter a nosa cidade nun destino turístico idiomático”.

O director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, engadiu que colaboran ademais das entidades presentes o Instituto Camoês e o Agrupamento Galiza-Norte de Portugal.

Folleto desta edición. Parabéns aos todos os gañadores

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.