Entrevistas, Portada — 1 septiembre, 2014 a las 23:46

Romaría da Virxe da Barca. Abalar a Pedra

Por

 <<<<En castelán                                         >>> Fotos

Festas Virxe da Barca (Muxía)

Festas Virxe da Barca (Muxía)

A Asociación de Festas do Mar de Muxía, e no seu nome o presidente, Juan Cortes, andan estes días atarefados por mor de poñer a punto a loxística e todos os aparellos necesarios para, e nunca mellor dito, levar a bo porto a Festa da Virxe da Barca en Muxía, do venres 12 ao luns 15 de setembro. Unha celebración moi sinalada na Costa da Morte e de relevancia en Galicia. Por outra banda, unha misión nada doada de cumprir se temos en conta que o Santuario sufriu, o día de Nadal do pasado 2013, un incendio provocado por un raio que deixou o edificio do Santuario moi dañado. Este acontecemento fixo xurdir inquietude e aflición entre crentes e non tan crentes, xa que, o Santuario co seu conxunto é un enclave natural único que fala de cultura, tradición e beleza. Pero se a fe move montañas, non é menos certo que cando se desexa continuar coa cultura que murmura no oído do sentir común… ao final cúmprese o anhelo.
Esta é a razón da alegría na conmemoración de 2014 á Virxe da Barca, que será especialmente emotiva, máis que en anos pasados. E así o poñía de manifesto Juan Cortes na entrevista para Rúas magazine dicindo que a misa no exterior se levará a cabo como é costume, pois lle aseguraron que a estrutura exterior estaría rematada para a Romaría, aínda qué o interior haberá que esperar para visitalo.

Ademais do cartel haberá charangas o longo dos días de festa para ledicia de todos.Venres 12, na Praza Cabo da Vila: *Abaladeiras *Charanga Támega *Manolo Delfín. Sábado 13: *Xaramiños do Corpiño*Vendaval Charanga*Folk de veneno*Peta Forte*Compostela*Banda de Música de Ferrol.

Domingo 14:*Xaramiños do Corpiño *Compostela *NBA *Banda de Música de Ferrol.

Juan Cortes, presidente de la Asociación Fiestas del Mar de Muxía.

Juan Cortes, presidente de la Asociación Fiestas del Mar de Muxía.

P. Juan, a Festa da Virxe da Barca en Muxía constitúe un reclamo para toda a Costa da Morte. Que novidades nos agardan en Muxía do 12 ao 15 de setembro?

R. Nós xa levamos varios anos organizando a festa e vai a seguir a liña de programacións de outros anos, excepto que nesta edición en vez de ter unha orquestra na sesión vermut, imos ter dúas orquestras. E van a estar ata as 5 e media ou 6 da tarde. Ademais, e o longo dos días da Festa teremos charangas pra animar as rúas e prazas.
P. Da xente que vén á Festa da Virxe da Barca, cal é o maior aliciente?

R. O relixioso, os romeiros a onde primeiro van é ao Santuario, veñen ata de xeonllos a cumprir a súa promesa, ou a facer a súa petición. Despois marchan ou quedan. Veñen xentes de todas as idades e de toda condicións. Pero si, o motivo primeiro é o relixioso.
P. Ademais de ser unha festa relixiosa, encontramos postos ambulantes ao longo do camiño?

R. Si, temos postos de gastronomía, artesanía, etc., pero temos o problema que xa non hai máis sitio para todas as solicitudes que nos chegan.

P. Poderías darnos, aproximadamente, o número de persoas que o pasado ano estiveron en Muxía con motivo da Festa?

R. Eu penso que foron entorno ás 60.000 ou 70.000 persoas

P. De onde veñen na maioría dos casos?

R. Principalmente xente de Galicia en xeral, e especialmente da Costa da Morte. O que está claro é que cando alguén vén por primeira vez despois sempre repite.
P. Cántos visitantes esperades este ano?

R. Nós esperamos máis xente que o ano pasado. Tes que ter en conta o que pasou co Santuario o 25 de decembro do ano pasado, foi un golpe duro. Pero case está solucionado, aínda que non de todo rematado, falta a parte interior. O domingo temos a misa no exterior coma todos los anos e aí os asistentes non van notar diferencias.

P. Cando falamos de Muxía, falamos dun pobo de alma mariñeira. Hoxe a pesca segue a ocupar ese lugar de preferencia na economía, ou o turismo foi gañando terreo?

R. Si, si que segue a ser mariñeira. Pero por certos motivos hai menos barcos e menos mariñeiros. Aquí o importante sempre foi o mar. Pero o turismo tamén ten a súa importancia e, a ver se entre as dúas cousas…

P. Poderíamos falar do 50% de recursos do mar e o 50% do turismo?

R. Si, tranquilamente. O mar cada día vai a menos.

  Laméntase o presidente da Asociación de Festas do Mar de Muxía, Juan Cortes, da falta de consideración do presidente de Portos de Galicia; pois entende que non é xusto que esta institución lles cobre, nos tempos que corren, tres mil euros pola utilización do Porto para desenvolver as actividades e eventos musicais deses días festivos. Engade que é a organización da Festa a que se fai cargo da limpeza do recinto usado. Indica ademais, que solicitou hai varios meses unha entrevista co presidente de Portos, e aínda a día de hoxe segue a esperar esa chamada. Di que é unha situación que se repite co presidente da Deputación da Coruña, pediu entrevistarse con el e só encontrou o silencio por resposta.

<<<Artigos relacionados

FOTO. Mariel Norat

FOTO. Mariel Norat

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.