Rocío Ovalle Fernández recolleu o seu Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico

Rocío Ovalle Fernández, Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico por As bestas andan soltas

O Galardón este ano recepcionou 17 traballos que aspiraban ao recoñecemento 

A vida e a liberdade fronte á violencia machista

Premio Alfredo Vicenti (19 decembro de 2018) Salvador García-Bodaño, Presidente do Ateneo de Santiago, Xosé Ramón Pousa, membro do xurado e decano da Facultade de Comunicación, e Rocío Ovalle, xornalista gañadora do galardón polo artigo “As bestas andan soltas” FOTO. Mariel Norat

Rocío Ovalle Fernández, ten traballado en varios medios de comunicación é coordinadora de comunicación da Cruz Vermella en Santiago de Compostela. Asemade, dá clases na Facultade de Xornalismo na USC.

O acto publico de entrega deste premio, organizado polo Ateneo de Santiago, tivo lugar na rúa do Vilar de Santiago e vén a premiar o artigo “As bestas andan soltas”, publicado no xornal dixital Adiante.gal o 25 de xuño de 2018. Unha crónica, como ben indica a súa autora, que fai referencia á violencia machista, ao patriarcado no que a sociedade está inmersa e na necesidade de sensibilización para salvar esta brutalidade exercida cara ás mulleres. A lectura emotiva do traballo periodístico pola súa autora, Rocío Ovalle, vai fiando instantáneas punteiras que atan momentos trascendentais da loita feminista, e que recalan na dor fronte unha sociedade que non é quen de interiorizar unha convivencia cívica entre iguais. 

Máis fotos premendo aquí

2 comentarios sobre «Rocío Ovalle Fernández recolleu o seu Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico»

  1. Grazas na parte que me toca Rosa, e tes razón; parabéns para a loita dunha causa xusta «A igualdade real sen medos e dende a liberdade». Parabéns por iso a Rocio Ovalle.

    Saúdos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.