Rematou o II Son do Camiño, festival no Gozo

Rematou a II edición do Festival O Son do Camiño no Monte do Gozo, e sen dúbida, moitos deron conta dese gozo facendo homenaxe ao monte onde se celebra. Este encontro musical pon a Compostela no punto de mira de Galicia principalmente, pero tamén doutros lugares entre os amantes dos circuitos musicais. Este evento significa un incremento económico para a cidade xa que empuxa os niveis de ocupación hostaleira de xuño. Dando conta así da repercusión económica que a organización desta cita ten en Compostela. A Produtora Esmerarte artella o evento que financia tamén a Xunta de Galicia con 2 millóns e medio de euros, ademais das financiacións privadas, da aportación dos moitos bares que se instalan no recinto e os prezos desas entradas; que por certo, foron saíndo por tandas a uns prezos que non todos puideron permitirse.

 

En estimacións aproximadas calcúlase que o costo da organización é aproximadamente de 7 millóns de euros e que xenera 15 millóns de euros. Estes datos son do ano pasado e foron vertidos por unha persoa con coñecementos do tema, quedando pendientes de confirmación.

O festival o Son do Camiño, funcionou cun férreo control en todas as súas portas de entrada, para que ninguén escapase a abonar a cuota pertinente do evento. Houbo tamén quen con afán explorou as contornas do lugar para eludir as taxas e desfrutar da música.

O recinto ofreceu unha mirada de multitudes, con perfís diferentes e diversidade de idades, que se apuntaron a non perder a ocasión desta segunda edición, que vai camiño da súa consolidación. Durante as tres xornadas apiñábanse centos de kilos de lixo abandonado ás beiras da entrada do control, como resultado de repostar (por decilo dalgún xeito) sólidos e líquidos para salvar os altos prezos que dentro do recinto musical os bares cobraban (5 euros unha salchicha ou 7 euros unha cervexa). Segundo manifestaban os participantes. 

As entradas, saíron ao mercado en diferentes tandas, con distintos prezos, e ían sendo presas da paciencia e habilidade dos solicitantes para a rápida execución da adquisición. Como resultado desto,  dentro do recinto había xente que pagou distintos prezos polos tres días, ou aqueles que escolleron pagar por día. Despois estaban os do espacio VIP, entradas máis caras, no sentido que estaban mellor acomodados e con espacio e mirada máis despexada. Pero o prezo para a xente da II edición tampouco era o máis importante, o principal era desfrutar ao máximo…Uns rapaces de Vilagarcía de Arousa decían que aínda que lles gustaba máis o cartel do ano pasado, este ano estaban pasandoo ben; e engadiron: «A nós gústanos máis o Rock que o electrónico pero aínda así non hai queixa» 

A panorámica das diferentes entradas ao recinto dou conta da magnitude do evento do Son do camiño 2019. Dentro atopábase xente que non querían deixar de acudir á cita, a pesares de que o cartel baixara o nivel en relación ao ano pasado, segundo eles manifestaban. Con todo, foron tres xornadas gloriosas onde a música ruxía con emoción neste punto de Compostela que foi referencia do Xacobeo do 93, de localización de película, ou lugar onde actuaron os Rolling Stones, para máis tarde quedar esquecido, abandonado e dormido no tempo. O Son do Camiño vén a dar utilidade a un lugar singular desta cidade de Santiago de Compostela como é o Monte do Gozo. Este vigor que amosa este evento non pode ocultar unha eiva; nestes días que tanto se fala de ecoloxía e prevención ambiental, o entorno do Monte do Gozo rompía a alma ante unha escombreira de plásticos e vidrios e os coches aparcados nas cunetas do monte. A falta de previsión de aparcadoiro e a ausencia de contenedores foi chamativa. Nunhas persoas concienciadas co coidado do medio ambiente e sostenibilidade a imaxen era sobrecolledora.

Ver vídeo O lixo, plástico e vidrio 

Algunhas Fortalezas

*Dalle impulso á ocupación hostaleira

*Dalle utilidade a un espazo que tiñamos inutilizado

*Crea espectativas de negocio

Algunhas Debilidades

*Falta de previsión de aparcamento

*Falta de  previsión para a xestión dos residuos

*Dar acreditacións aos xornalistas a cambio de artigos gratis 

Sobre Mariel Norat 213 artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.