Recunchos da memoria; Portonovo mariñeiro

O máis doado a estas alturas era facer referencia á economía ou á política que nestes intres invade a nosa vida social e persoal dun xeito desesperanzador, e que producen impotencia dolorosa para a saúde mental  e tamén para a convivencia social. Non quixen escribir sobre este tema, pois diso xa temos dabondo durante o día e nalgunhas noites con soños que  perturban o noso descanso. Escollín, acudir a un curruncho da memoria e verter aquilo do que aínda non fixera reconto.

Este escrito céntrase no marabilloso entorno que temos nesta a nosa terra galega e o pouco tino, ou diría conciencia co que se manexa a riqueza natural.

Eu son dun pobo mariñeiro, alá polo Salnés. En concreto de Portonovo, localidade importante do Concello de Sanxenxo tanto por habitantes como pola economía desenvolvida. Na actualidade, presenta unha perspectiva ben distinta da que foi trinta anos atrás; cando entramos nesta vila, se accedemos pola autovía do Salnés con saída Sanxenxo, ábrese ante nós unha praia con abundante areal, deixando un espazo suficientemente amplo para ver un outeiro con centos de edificacións de bloques que non se encontran integrados na paisaxe, e que fan dano á sensibilidade de quen observa, rachando cun futuro que puido ser e non foi.portonovo1

Portonovo contaba hai tres décadas cunha flota importante de barcos de baixura, mentras que hoxe, pódense contar cos dedos dunha man o número de embarcacións deste tipo que atracan no seu muelle. Para compensar, vense centos de lanchiñas de recreo…cousas que pasan!. Como dicía, hai trinta anos, tiña unha lonxa que celebraba  subastas a viva voz, un atractivo engadido,  un lugar este importantísimo de traballo para unha economía sempre vencellada ao mar. Recordo con cariño e entusiasmo o espectáculo que se producía cando os barcos viñan de faenar; o olor a mar do meu avó mariñeiro, as voces da poxa…eu que era nena estaba fascinada con todo aquilo, un misterio que quería desvelar, que dician? Estaban a discutir? Os bares e restaurantes da contorna ao porto e da lonxa eran frecuentados polos lugareños e desfrutaban de sona entre as xentes de fóra que concurrían na localidade  para celebrar o bo xantar nese rematar a fin de semana coa famosa caldeirada mariñeira que ofrecía o típico Portonovo; a de Manolito, O Corbeiro,  ou O Burato  eran algúns dos nomes de referencia na restauración que neste intre acoden a miña cabeza. Ninguén era quen de dicir que estivo en Portonovo senón probara os guisos de peixe e os chiquitos que se servían no lugar nese mesturándose cos mariñeiros que viñan de facer a primeira marea e repoñían forzas nalgún destes locais.

Un novo panorama acontece no momento actual; onde había casiñas mariñeiras agora vense bloques de varias plantas, o espazo que media entre as edificacións na rúa é o mesmo que separaba a súa construción de orixen de altura baixa.

A deriva da explosión construtiva correu parella a perda de identidade en favor do malentendido progreso, poucos caeron na conta que a riqueza estaba en gardar as senais propias de identidade do lugar.

Cun microclima privilexiado co que a natureza dotou esta zona do Salnés,  o turismo, dous meses ao ano, constitue o fundamental motor de desenvolvemento económico para o conxunto do Concello de Sanxenxo.

Cousas que pasan!

Sobre Mariel Norat 205 Artículos
Licenciada | Graduada en Ciencias de la Comunicación. Periodista. Eterna estudiante e incansable observadora

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.