Actualidad Política, Agenda Santiago — 3 octubre, 2018 a las 16:09

Recoñecemento á labor de Rubén Cela no Consorcio de Santiago

Por

Esta mañá a Comisión Executiva do Consorcio de Santiago celebrouse coa presenza do alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No transcurso da xuntanza tratáronse varios asuntos de trámite administrativo. Ademais, os membros da Comisión convidaron ao concelleiro Rubén Cela ao inicio da mesma e aproveitaron para despedilo e recoñecer o seu traballo a prol do Consorcio de Santiago. Foi integrante da Comisión Executiva e do Consello de Administración do organismo ata a xuntanza do pasado mes de xullo, momento no que se fixo efectiva a súa substitución pola concelleira Goretti Sanmartín.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.