Que é a saude comparada coa vida eterna?

Profesor universitario
Profesor universitario

SOS é o sinal de socorro máis empregado internacionalmente. Aínda que foi aprobada na conferencia de Berlín do ano 1906, o que a lanzou definitivamente foi o feito de que o «RMS Titanic» empregouna o 14 de abril de 1912 durante o seu afundimento. Agora, xunto cunha boa parte dos cidadáns a Europa do Sur, os galegos lanzamos un SOS para que os nosos gobernos e as nosas institucións preocúpense de «salvarnos» en lugar de salvar á gran banca. A verdade é que ese SOS ten bastante de real, xa que corresponde co acrónimo inglés de «Save Our Souls» -salvade ás nosas almas-. E sen dúbida, o goberno galego está precisamente niso: en salvar as nosas almas.

O noso SOS foi escoitado, e nos orzamentos da nosa comunidade autónoma ten consignado preto de tres cuartos de millón de euros para garantir que, a falta dunha sanidade digna que salve os nosos corpos da enfermidade, a saúde da nosa alma non sufra ningún menoscabo.

Nos hospitais públicos galegos, en virtude ás concesións no ano 1995 do piadosísimo consellerio de Sanidade, José Manuel Romay Beccaría, -o sustituto de Bárcenas como Tesoureiro do Partido Popular desde 2010 e actual presidente do Consello de Estado-, hai 56 capeláns, cun salario bruto de 13.373 euros. Por certo, segundo os orzamentos autonómicos do ano 2013 o custe deste persoal sanitario representa case 700.000 euros en números redondos.

Supoño que esa preocupación polas nosas almas é o que leva a Rouco Varela, ínclito cardeal, a nomear a 8 novos exorcistas. Por suposto, dentro da nova estructura hospitalaria, mentres os capeláns actúan en planta, os exorcistas desenrollarán o seu maxisterio na UCI e nos quirófanos. Que é a saúde en comparación coa vida eterna?

2 comentarios sobre «Que é a saude comparada coa vida eterna?»

  1. La verdad es que es un aspecto que no había evaluado, pero es evidente que retomar el tratamiento de los enfermos psiquiátricos por exorcistas es algo que seguro que está en la agenda de Ana Mato

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.