Psicoloxía;»Identidade e personalidade: de que estamos a falar?»

Lugo é a cidade escollida para o encontro anual maís relevante da psicoloxía galega vinculada á saúde. As xornadas, organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia darán comenzo o xoves 19  e  durarán ata o sábado 21. A cita terá lugar no Pazo de San Marcos e levará por título «Identidade e personalidade: de que estamos a falar?»

IMG_0053

Estas xornadas buscan fomentar o intercambio de coñecementos e a experiencia clínica respecto á conceptualización da personalidade e da identidade no actual contexto social, así como o seu manexo desde a psicoterapia.

Nesta reunión profesional de carácter autonómico haberá catro mesas temáticas nas que intervirá unha destacada representación de profesionais de recoñecido prestixio que tratarán diferentes aspectos como os efectos do autoritarismo e da violencia na personalidade e na identidade, os cambios ao longo das distintas etapas da vida, diversos enfoques clínicos ou a interdisciplinariedade con outros ámbitos próximos aos que abrir a intervención.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.